Novas / Escola Galega da Paisaxe

Ciclo de conferencias sobre Paisaxe 2016: Antonio Angelillo

A Fundación Juana de Vega dentro das actividades que se desenvolven no marco do Máster de Arquitectura da Paisaxe 2015- 2016, organiza unha nova conferencia dentro do ciclo de conferencias sobre a paisaxe nas que participan recoñecidos paisaxistas de todo Europa.

Nesta ocasión contaremos coa presenza de Antonio Angelillo, Arquitecto da paisaxe, director do Centro de Arquitectura de Italia (ACMA) e codirector do Máster de Arquitectura da paisaxe da Universidade de Barcelona.

Angelillo realizará unha exposición sobre á cidade de Milán e a súa relación coa auga, ademais de un repaso aos seus principais traballos e estudos.

A conferencia terá lugar na sede da Fundación eo mércores 4 de maio ás 10:00 h, e será de acceso libre mediante inscrición no seguinte email: info@juanadevega.org.

Cartel.


Comentarios