Novas / Escola Galega da Paisaxe

A Guía de Boas prácticas paisaxísticas na Terra Chá recibe unha mención especial nos Premios Somos Paisaxe

A Guía de Boas prácticas paisaxísticas na Terra Chá, traballo elaborado pola Fundación Juana de Vega en colaboración coa Fundación Blas Ponte de Outeiro obtivo unha mención especial  por representar unha nova ferramenta para avanzar na divulgación, preservación e valorización da paisaxe.

A Fundación Galicia Sustentable instaurou o Premio Somos Paisaxe no marco do convenio de colaboración co Instituto de Estudos do Territorio para a difusión e a divulgación e a participación social sobre a paisaxe.

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, destacou e agradeceu o traballo impulsado pola Asociación Xuvenil  Xuvemprende e a Fundación Blas Ponte de Outeiro de Castro de Rei polo impulso ás iniciativas premiadas, que teñen por obxectivo protexer, coidar e poñer en valor as paisaxes de Galicia.

O proxecto gañador, “Apadriña un castiñeiro” -orientado a devolverlle a vida aos soutos da Serra do Xurés e recuperar os seus castiñeiros- é un proxecto que esixe un compromiso a longo prazo co coidado da árbore apadriñada, non é un compromiso dun día; senón que é un compromiso interxeracional.

A Guía de boas prácticas paisaxísticas na Terra Chá, ten como obxectivo aproximar á poboación a súa paisaxe, descubrir co seu valor e ofrecer unhas recomendacións que axuden a un desenvolvemento sustentable do medio rural e á súa mellora paisaxística, contribuíndo á revitalización patrimonial e socioeconómica da contorna.

: Isabel Aguirre, directora da Escola Galega da Paisaxe, a conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato e Severiano Ónega da Fundación Blas de Outeiro de Castro de Rei na entrega do premio.
: Isabel Aguirre, directora da Escola Galega da Paisaxe, a conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato e Severiano Ónega da Fundación Blas de Outeiro de Castro de Rei na entrega do premio.

Novas relacionadas

Dúas fundacións culminan o traballo conxunto de posta en valor do patrimonio paisaxístico da Terra Chá nunha guía de boas prácticas para a súa conservación

A Fundación Juana de Vega, a través da súa Escola Galega da Paisaxe, abordou a elaboración do estudo, impulsado e financiado pola Fundación Blas de Ponte de Outeiro. Á presentación do document...


Actividades relacionadas

Estudo para a mellora e a potencialización dos valores paisaxísticos do concello de Castro de Rei

A Fundación Juana de Vega e a Fundación Blas de Ponte de Outeiro asinaron un convenio de colaboración para a realización dun estudo de mellora e potenciación dos valores paisaxísticos de parte d...


Comentarios