Áreas de traballo

Desenvolvemento Rural

Investigación e Innovación

Escola Galega da Paisaxe

Cátedra Juana de Vega

A nosa fundadora

Juana de Vega

Dona Juana de Vega e Martínez naceu na Coruña o 7 de marzo de 1805. Os seus pais, D. Juan Antonio de la Vega, de Mondoñedo, e Dª María Josefa Martínez, de Monforte de Lemos, instaláronse na Coruña despois de que o seu pai regresase de Cuba. Neste país, Juan Antonio de la Vega, de orixe moi humilde, fixera fortuna como empresario. 

Juana de Vega recibiu unha completa formación en Letras e Humanidades, ademais de inculcarlle o gusto pola lectura e a cultura en xeral, que mantivo o resto da súa vida. 

A influencia dos seus pais resúmese facendo referencia aos dous eixos que marcaron a súa vida. A Juan Antonio de la Vega débelle a súa filla o seu activismo político e a Mª Josefa Martínez, a súa discreción e a súa paixón por axudar aos máis desfavorecidos.

En que estamos traballando

Últimas noticias

Xornada de lanzamento do proxecto ECOCOMEDORES DA BIOSFERA II: avanzando cara á optimización produtiva, comercial e loxística 

O vindeiro xoves, 21 de marzo terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega en Oleiros (A Coruña) a presentación do proxecto ECOCOMEDORES DA BIOSFERA II: Avanzando cara á optimización produtiva, comercial e loxística, que desenvolvemos xunto a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e a Escola Infantil Municipal A Caracola (A Coruña), co apoio da Fundación Nina Carasso. 

Ampliar noticia

FUNDACION JUANA DE VEGA

Colaboracións