Promoción Agroalimentaria

Cursos de viticultura e enoloxía

Formación en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo para a obtención dunha uva de calidade e para a súa posterior transformación.

Curso básico.

Obxectivos

A realización do curso terá compoñente teórica en aula e prácticas en leira. Un dos obxectivos a conseguir é a realización práctica de todas as operacións necesarias para a implantación, mantemento de leiras de viñedo e procesos de elaboración, principalmente adaptado á comarca que abarca os viños da Terra de Betanzos.

Para poder conseguir estes obxectivos, eminentemente prácticos, a ejecución do curso terá carácter discontinuo, comprendendo devandito período desde o mes de febreiro ata finais do mes de decembro. Para a ejecución práctica de todas estas operacións o Centro dispón dunha leira experimental para a realización das mesmas.

Para adaptar as prácticas ao ciclo vegetativo executaremos o programa de xeito coordinada coas actividades a realizar nas leiras experimentais.

O proceso de elaboración executarase de xeito coordinada coas actividades a realizar na bodega.

Actividades

Demostracións: de poda, de sistemas de instalación, de laboreo, elaboración de viños e cata, etc.

Prácticas: de poda, de enxerto, de atado, de instalación, de laboratorio, de bodega e de cata, etc.

Visita a unha leira e bodega dunha comarca vitivinícola galega.

  • Duración do curso: 100 horas (febreiro- decembro)
  • Número de prazas: 24
  • Prezo: 170 euros

Programas

Curso avanzado

Obxectivos

O fin do curso proposto é permitir ó alumnado a realización total das actividades necesarias, tanto en campo como en adega, para a obtención dunha uva de calidade e a súa posterior transformación de forma autónoma mediante a supervisión e control dun titor. Este modelo obriga ó alumno a participar activamente para lograr o obxectivo reseñado, ó mesmo tempo que pon en práctica os coñecementos que adquiriu no curso de iniciación á viticultura e enoloxía.

Para lograr o obxectivo final da elaboración dun viño de calidade non se pode establecer un calendario pechado de actividades xa que cada ano as condicións específicas obrígannos a tomar decisións oportunas; desto deducimos que o calendario terá cambios. Para facilitar o traballo de execución práctica formaranse equipos de dúas persoas.

Ademais das clases prácticas e teóricas asignarase durante unha campaña completa, a cada parella, un número de plantas de vide, da finca do CFEA, suficientes para a produción dunha microvinificación.

O viño obtido de dita microvinificación será propiedade do alumno/a reservándose o centro 4 litros para a realización da cata de fin de curso.

Requisitos

Para a realización deste curso é preciso ter realizado formación específica en ditas materias. (2º Curso do CS de Paisaxismo e Medio Rural e titulados no mesmo ou técnicos superiores da rama agraria, técnicos en Aceite de Oliva e Viños ou titulados universitarios da rama agraria, así como os alumnos dos cursos de nivel básico realizados en edicións anteriores)

  • Duración do curso: 60 horas (Febreiro- Decembro)
  • Número de prazas: 24
  • Prezo: 130 euros

Programas



Novas relacionadas

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de 2017 de viticultura e enoloxía e froiticultura.

A Fundación Juana de Vega abre o prazo de inscrición nos cursos de formación práctica de Viticultura e enoloxía (Básico e avanzado) e Froiticultura, que se desenvolven en colaboración co Centro...

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de 2016 de viticultura e enoloxía e froiticultura.

A Fundación Juana de Vega abre o prazo de inscrición nos cursos de formación práctica de Viticultura e enoloxía (Básico e avanzado) e Froiticultura, que se desenvolven en colaboración co Centro...

A Fundación Juana de Veiga inicia un curso de formación para mellorar o coñecemento no cultivo da vide e na elaboración e cata de viños

Os cursos básico e avanzado, que se desenvolverán desde febreiro até o mes de decembro, son de especial interese para a comarca de Betanzos, onde a elaboración de viños de calidade converteuse nu...

A Fundación Juana de Vega e o CFEA de Guísamo inician un programa formativo en viticultura e enoloxía no que o alumnado producirá de xeito autónomo os seus propios viños de calidade.

Os cursos iniciaranse este mes combinando sesións teóricas na sede da Fundación e as prácticas no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo As clases estenderanse a todo o ...

A Fundación Juana de Vega inicia un ciclo formativo que permitirá aos viticultores producir viños de calidade a partir das variedades da zona de Betanzos legalizadas para o seu etiquetado e comercialización fóra da esfera doméstica.

O programa iniciarase en febreiro, combinando sesións teóricas na sede da fundación e prácticas en fincas experimentais que se estenderán a todo o ciclo vexetativo da uva. O obxectivo é que os ...


Comentarios