Promoción Agroalimentaria

Curso: Bases técnicas para o desenvolvemento da fruticultura en Galicia

Formación práctica en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo para á implantación e mantemento de fincas frutícolas.

Obxectivos

A realización do curso terá compoñente teórica en aula e prácticas en finca. Un dos obxectivos a acadar é a realización práctica de todas as operacións necesarias para a implantación e mantemento de fincas frutícolas, principalmente adaptado á fruticultura da zona atlántica. Para poder acadar estes obxectivos eminentemente prácticos a execución do curso terá carácter discontínuo, comprendendo dito período desde o mes de febreiro ata remates do mes de novembro, coincidindo coa colleita da froita e posterior conservación e transformación.

Para a execución práctica de todas estas operacións o Centro dispón dunha finca experimental para a execución das mesmas. Ao mesmo tempo implantaranse novos cultivos na finca dende a fase inicial de preparación e acondicionamento dos terreos. Para adaptar as prácticas ao ciclo vexetativo executaremos o programa de xeito coordinado coas actividades a realizar nas fincas experimentais e na adega.

Actividades

Demostracións: de implantación, de poda, de entitorado, de laboreo, tratamentos fitosanitarios, de colleita, de multiplicación mediante inxerta e acodo , de elaboración de sidra e outros productos de interese agroindustrial.

Outras actividades: realizaranse visitas a diferentes explotacións frutícolas galegas.

Horario do curso:

O horario será en xornada de tarde, prioritariamente de 16:30 a 20:30 horas, durante a semana laboral, aínda que poida ter lugar algunha práctica durante a fin de semana.

Instalacións

Unha finca experimental con diversos cultivos frutícolas e terreno para novas implantacións.

Maquinaria para a execución de prácticas ( tractores, apiladores, aburatadores, etc.)

Viveiro e medios materias para producción de planta: sustratos, macetas, invernadoiros, taller de inxerta, plantóns, patróns, tutores.

Adega e cociña para elaboración de sidra e zumes.

Cámaras de conservación e almacenaxe de productos.

Curso

  • Número de prazas: 24
  • Importe do curso: 200 euros
  • Duración do curso: 125 horas

Contidos do curso:

  • A fruticultura en Galicia: evolución e perspectivas    
  • A poda
  • Multiplicación. Corte e recalce. Casos particulares: castiñeiro, mazá, cerdeira… 
  • Multiplicación. A enxerta, estaquillado, semente...     
  • Planificación e implantación de explotacións frutícolas 
  • Instalacións necesarias na explotación frutícola: empalizadas, rega, emparrados, semiemparrados, cobertas, invernadoiros, peches, cortaventos, pistas, etc. 
  • Pragas e enfermedades. Producción ecolóxica e integrada     
  • Mantemento e prácticas culturáis do solo. Análisis:  a súa interpretación.  
  • Estados fenolóxicos: poda en verde. Acodo de froiteiras 
  • Mecanización. Labores primarios e mantemento    
  • Tratamentos fitosanitarios: técnicas e mecanización 
  • Aclareo de froitos: maceira, pereira... Mantemento do solo, abonados, rega e fertirrega 
  • Poda en verde ou de verán (kiwi, mazá, pera…) anelados, poda de plantas macho, rareo de froitos manual  
  • Curvaturas en maceira, castiñeiro... Maduración. Enxerta a ollo dormido 
  • Control de maduración dos froitos (verán) e recollida de froita de oso  
  • Instalacións de conservación. Laboratorio: análise e transformación. Teoría da conservación de produtos. Adega  
  • Prácticas de campo e laboratorio para control de maduración de froitas (otoño-inverno)  
  • Maduración, recolleita e conservación da froita de pebida. Loxística da recollida: palots, big bags, caixas, sacos…     
  • Prácticas de elaboración de mosto e sidra
  • Cítricos, pequenos froitos e outros froitos de interese en Galicia (aguacate, litchi, maracuyá…)    
  • Maduración e recollida do kiwi. Análise: dureza, materia seca e grado brix. Frutos secos (castiñeiro, nogueira, avelaira…) e pequenos froitos (arándano, grosella, frambuesa, murtilla…)    
  • Comercialización e mercados na fruticultura    
  • A cata e a degustación de froitos frescos e transformados   
  • Visita técnica  

 

Calendario



Novas relacionadas

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de 2017 de viticultura e enoloxía e froiticultura.

A Fundación Juana de Vega abre o prazo de inscrición nos cursos de formación práctica de Viticultura e enoloxía (Básico e avanzado) e Froiticultura, que se desenvolven en colaboración co Centro...

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de 2016 de viticultura e enoloxía e froiticultura.

A Fundación Juana de Vega abre o prazo de inscrición nos cursos de formación práctica de Viticultura e enoloxía (Básico e avanzado) e Froiticultura, que se desenvolven en colaboración co Centro...

A Fundación Juana de Veiga inicia o luns un curso para apoiar a comercialización e a posta en valor dos produtos frutícolas galegos

O programa desenvolverase en colaboración co CFEA de Guísamo e ten como obxectivo dar a coñecer todas as nocións teóricas e prácticas sobre colleita, produción, transformación e posterior come...


Comentarios