Formación

Cursos de viticultura e enoloxía

Formación en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo para a obtención dunha uva de calidade e para a súa posterior transformación.

Curso: Bases técnicas para o desenvolvemento da froiticultura en Galicia

Formación práctica en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo para á implantación e mantemento de fincas frutícolas.

Curso "Estratexias de comercialización, packaging e etiquetado de produtos agroalimentarios"

A Fundación Juana de Vega promove na EFA- Fonteboa o curso “ESTRATEXIAS DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS” que se desenvolverá na sede do Centro de Promoción Rural- EFA Fonteboa (Feiranova s/n, Coristanco) desde o luns 16 ao mércores 18 de xaneiro de 2017, en horario de 9 a 14 horas. Este curso está dirixido a emprendedores, produtores e transformadores agroalimentarios e demais persoas interesadas.