Investigación

Caracterización e recuperación de variedades de oliveira autóctonas de Galicia

Trátase dun proxecto que pretende ampliar e completar a identificación e caracterización de variedades de oliveira autóctona galega, así como analizar as características dos aceites elaborados coas devanditas variedades.

O obxectivo principal da investigación financiada pola Fundación que se desenvolverá entre os anos 2017 e 2020 polo CSIC, a través do Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia (Pontevedra), e coa colaboración da Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia (APAG).

A investigación ten catro obxectivos fundamentais. O primeiro, ampliar e completar a identificación das variedades de oliveira autóctona galego, a través da realización de prospeccións exhaustivas. O segundo, caracterizar os exemplares localizados a nivel botánico, molecular e agronómico, así como os aceites daquelas que resulten diferentes e únicas. O terceiro, poñer a disposición do sector e das administracións autonómica e nacional, os datos científico- técnicos necesarios para o recoñecemento legal e comercial como variedades de oliveira autóctonas de Galicia e únicas no mundo. O cuarto, poñer a disposición de viveristas e olivareiros planta das variedades de oliveira autóctona galega que presenten interese comercial. 

A investigación levará a cabo a través de prospección exhaustiva e marcado de novos exemplares de oliveira centenarios nas catro provincias galegas; recolección de oliva, mostras foliares, etc, para a súa posterior caracterización molecular, botánica e agronómica dos novos exemplares de oliveira localizados; obtención e caracterización de aceites e posta a piques da técnica de enraizamento de cada unha das variedades.

O Grupo de Viticultura da MBG, dirixido por Carmen Martínez Rodríguez, desenvolve actividades de I+D na área científica- tecnolóxica de viticultura e desde o ano 2012, tamén en oliveira galega. A Fundación Juana de Vega é unha entidade xurídica privada constituída no ano 1872 que ten por obxectivo contribuír ao desenvolvemento do medio rural galego a través de diversas liñas de traballo entre as que figura o apoio de accións de investigación e innovación.

Ambas as entidades comezaron a colaborar no ano 2006 a través da realización, por parte do Grupo de Viticultura, de investigacións financiadas pola Fundación, entre as que figuran os proxectos e contratos “Estudo do potencial da variedade Branco Lexítimo na zona vitícola de Betanzos” e “Avaliación da virulencia de distintas poboacións de fungos responsables do Muldiu, Oidio e Botrytis en distintas denominacións de orixe galegas”.

APAG, pola súa banda é unha asociación constituída no ano 2015, que agrupa na actualidade a 71 produtores de aceite e oliva das catro provincias galegas, que suman un total de 112.000 oliveiras distribuídas en 84 hectáreas.

Máis información:

www.vitis.mbg.csic.es/vitis/
www.apag.gal

Videos

Reportaxe TVG. 17/12/2017 - Minuto 00:16

Novas relacionadas

A Fundación Juana de Vega presenta os primeiros resultados do proxecto de investigación “Caracterización e recuperación de variedades de oliveira autóctonas de Galicia”

O CSIC, a través do Grupo de Viticultura da MBG (Pontevedra) e coa colaboración de APAG e ASVINOR, desenvolve a investigación, financiada integramente pola Fundación Juana de Vega, para ampliar e ...

O CSIC, a Fundación Juana de Vega e a Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia presentan o proxecto de investigación “Caracterización e recuperación de variedades de oliveira autóctonas de Galicia”

O CSIC, a través do Grupo de Viticultura da MBG (Pontevedra), desenvolverá unha investigación, durante os próximos 4 anos, financiada pola Fundación Juana de Vega, na que colabora a Asociación d...


Comentarios