Premiados

Premio

Obra: Casa Chao, Corcubión (A Coruña).
Arquitectos: Juan Creus e Covadonga Carrasco 

Accésit

Obra: Choupana_House - Santiago de Compostela
Arquitectos: Dosesmas arquitectos S.C.P

Mención

Obra: Casa unifamiliar - A Ferreirúa (Nogueira de Ramuín), Ribeira Sacra
Arquitecto: Manuel Jorreto

Bases da convocatoria 2015

Acta do XII Premio Juana de Vega de Aquitectura

Oleiros, 7 de setembro de 2015

Asistentes:

Presidente
Antonio Maroño Cal
Secretaria
Isabel Aguirre de Urcola
Vocais
Gonçalo Byrne
Fernando Agrasar Quiroga
Enrique Sáez Ponte
Manuel Caamaño Suárez
Salvador Fraga Rivas
Francisco Xavier Seoane Rivas

Despois de visitar as cinco obras que foran seleccionadas como finalistas na reunión do 6 de xullo de 2015, o xurado do Premio Juana de Vega de Arquitectura xúntase en Beluso (Bueu) a deliberar e toma por unanimidade os seguintes acordos:

  1. Conceder o Premio, na súa edición de vivienda unifamiliar rematada no 2014, aos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco pola súa obra Casa Chao, situada no casco histórico de Corcubión (A Coruña). O xurado quere destacar o aproveitamento logrado nun solar estreito de longa fachada lateral e a sinxeleza do deseño desta, en branco cunha pregue no centro, que convive de xeito armónico co conxunto de edificios tradicionais no que se integra, aportando unha nota de modernidade que o enriquece. Tamén compre subliñar a eficaz distribución interior para cumprir cos obxectivos dos promotores e o uso equilibrado de materiais diversos (cemento, madeira, mármol) que consigue un contorno ben resolto ata o detalle e, ao mesmo tempo, confortábel e luminoso.
  2. Outorgar un accésit a Dosesmas arquitectos S.C.P. pola súa vivenda Choupana_House, situada na Rúa Luis Vázquez Parga, nº 9 en Santiago de Compostela. O edificio sitúase nun conxunto de “casas baratas” dun barrio popular de Santiago e se adapta perfectamente as limitacións do respecto da fachada e volumes que esixe o Plan Xeral. De feito trátase case dun edificio dentro de outro que se abre cara ao patio posterior de orientación sur para recoller a luz e o calor. A casa resólvese cun deseño actual, economía de materiais e boa adaptación aos espazos permitidos. Compre destacar que os seus promotores, persoas de idade avanzada, apostaron por un deseño moi moderno feito por arquitectos mozos.
  3. Outorgar unha mención destacada á casa situada en A Ferreirúa (Nogueira de Ramuín) na Ribeira Sacra, do arquitecto Manuel Jorreto, por ser un bo exemplo do que se pode facer con poucos medios, respectando unha edificación representativa da arquitectura popular e moi ben integrada nunha contorna paisaxística excepcional.