Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe

O Premio Juana de Vega de intervencións na paisaxe xorde do convencemento de que a paisaxe é un elemento fundamental do patrimonio de calquera sociedade humana, por incidir directamente no seu benestar físico e espiritual e por ser un recurso socio-económico de enorme potencial.

Para poñer en valor e mellorar a calidade paisaxística do territorio, a Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, convoca este premio co obxecto de recoñecer aquelas intervencións no patrimonio natural e construído, que contribúan a mellorar a calidade dos elementos que configuran a paisaxe de Galicia e que sirvan de referencia social para futuras intervencións no mesmo.

O Premio, que se convocará anualmente, consta de tres categorías:

  1. Intervencións en espazos exteriores
    Recoñecemento a aquelas intervencións realizadas en espazos exteriores.
  2. Intervencións privadas no patrimonio construído e a súa contorna
    Recoñecemento a aquelas intervencións destinadas a recuperar o patrimonio construído e a posta en valor da súa contorna.
  3. Vivendas unifamiliares
    Recoñecemento á mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, que poida influír favorablemente nos tipos de vivenda que se constrúen en Galicia.

Para máis información, consulta cada categoría do premio.

Bases  Premio