Escola Galega da Paisaxe

Guía de integración paisaxística dos peches en Galicia

O Instituto de Estudos do Territorio e a Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega traballan desde setembro de 2015 na elaboración dunha guía de integración paisaxística dos peches en Galicia.

O Instituto de Estudos do Territorio pertencente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e a Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega traballan desde setembro de 2015 na elaboración dunha guía de integración paisaxística dos peches en Galicia.

Estes traballos son continuación dun anterior no que xa se estudaron as tipoloxías dos peches en doce áreas paisaxísticas, e que agora se completará facéndoo extensible ás 50 comarcas nas que se dividen esas doce áreas. O obxectivo é o de concretar nunha guía os criterios de calidade que sirvan para avaliar e mellorar a calidade da paisaxe galega.

A guía, que estará finalizada en decembro de 2016, incluirá recompilación de información e estudos sobre a complexa realidade galega e a súa incidencia nos peches, así como unha identificación das tipoloxías tradicionais de peches en Galicia por comarca paisaxística e o tipo de paisaxe, cunha cartografía específica. Tamén haberá unha listaxe de medidas e criterios de integración e de minimización dos impactos paisaxísticos na construción dos peches e modelos e propostas con novos materiais e tecnoloxías, ademais de anexos con fotografías, cartografías, información xeográfica e montaxes.


Comentarios