Escola Galega da Paisaxe

Estudo para a mellora e a potencialización dos valores paisaxísticos do concello de Castro de Rei

A Fundación Juana de Vega e a Fundación Blas de Ponte de Outeiro asinaron un convenio de colaboración para a realización dun estudo de mellora e potenciación dos valores paisaxísticos de parte do concello de Castro de Rei.

A Fundación Juana de Vega e a Fundación Blas de Ponte de Outeiro asinaron un convenio de colaboración para a realización dun estudo de mellora e potenciación dos valores paisaxísticos de parte do concello de Castro de Rei, vinculados  aos camiños históricos e a súa conexión co propio núcleo de Castro de Rei, nun contexto de zona agrícola, poboación dispersa e pequenos núcleos.

A área a estudar abarca desde o núcleo de Rigueira/Reigos pasando por Gondriz, Marquide e O Pozo ata chegar a Ponte de Outeiro, onde o Camiño Real cruza o río Miño e a partir de aí abarca os núcleos de Baltar, Covelo, Sandamil, Veiga de Acea e terminaría en Acea por onde cruza o río Azúmara e xa en dirección Este, seguindo en paralelo ao río Azúmara, abarcaría ata Castro de Rei.

A proposta Paisaxística exporía a mellora dos valores paisaxísticos como dinamizadores da zona a partir de dous tipos de actuacións:

- Analizar os valores naturais, os elementos construídos, os viarios, accesos e percorridos, os elementos relacionados con presénciaa da auga, os elementos arqueolóxicos, e os elementos patrimoniais

- Propoñer arborar, potenciar as zonas de auga, potenciar os puntos estratéxicos paisaxísticos, mellorar os peches: vexetais e/ou artificiais, mellorar  os camiños, mellorar os accesos, mellorar e crear espazos públicos, e potenciar  os valores arqueolóxicos, e os patrimoniais, tanto naturais como artificiais.

No mes de novembro de 2013 presentouse o estudo inicial e as propostas de actuación para a mellora e potenciación dos valores paisaxísticos do concello de Castro de Rei. Este documento inicial inclúe a definición do ámbito de actuación, a análise do mesmo, os puntos de actuación posibles e o establecemento de prioridades de execución das melloras paisaxísticas para cada un dos tramos estudados.

En xullo de 2016 presentouse a Guía de Boas Prácticas Paisaxística na Terra Chá co obxectivo de aproximar á poboación da Terra Chá á súa paisaxe, descubrir con ela o seu valor e propoñer recomendacións nas intervencións sobre os elementos do territorio que axuden a un desenvolvemento sostible do medio rural e á súa mellora paisaxística, contribuíndo á revitalización patrimonial e socioeconómica da contorna. Así, propón fórmulas para atopar o equilibrio entre o desenvolvemento e a conservación dun valioso patrimonio tradicional e natural, acadar a integración harmoniosa do conxunto, onde as edificacións, cultivos e espazo público poidan ser lidas como unha unidade, e mesmo entender as especificidades da paisaxe da zona e a súa relación cos elementos construídos. O documento remata cun decálogo de boas prácticas e recomendacións específicas co fin de contribuír a que a integración paisaxística se desenvolva dun xeito sinxelo e de calidade.


Novas relacionadas

A Guía de Boas prácticas paisaxísticas na Terra Chá recibe unha mención especial nos Premios Somos Paisaxe

A Guía de Boas prácticas paisaxísticas na Terra Chá, traballo elaborado pola Fundación Juana de Vega en colaboración coa Fundación Blas Ponte de Outeiro obtivo unha mención especial  por repr...

Dúas fundacións culminan o traballo conxunto de posta en valor do patrimonio paisaxístico da Terra Chá nunha guía de boas prácticas para a súa conservación

A Fundación Juana de Vega, a través da súa Escola Galega da Paisaxe, abordou a elaboración do estudo, impulsado e financiado pola Fundación Blas de Ponte de Outeiro. Á presentación do document...


Publicacións relacionadas

Guía de boas prácticas paisaxísticas na Terra Chá

Guía de boas practicas paisaxísticas na Terra Cha,  ten como obxectivo aproximar á poboación da Terra Chá á súa paisaxe, descubrir con ela o seu valor e re­dactar unhas recomendacións que ax...

Comentarios