Cursos e xornadas

Xornada “Restauración Ecolóxica de Espazos Degrados por Lumes Forestais”

Data: Martes 20 de xuño de 2017

Lugar de celebración: Fundación Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

Descrición

Os incendios forestais constitúen unha das perturbacións máis frecuentes e importantes que sofren os ecosistemas forestais en Galicia. E supoñen unha gran ameaza para o patrimonio natural (vexetación, fauna, chan, etc.) e para o tecido socioeconómico (infraestruturas, economía, paisaxe, etc.) do medio rural galego. Nesta xornada exporanse alternativas e oportunidades para a a recuperación destes ecosistemas desde a óptica da restauración ecolóxica. Desde unha visión holística da problemática, abordaranse aqueles aspectos que poden axudar á recuperación dos procesos ecolóxicos daqueles ecosistemas danados ou destruídos polos incendios.

Obxectivo da xornada

Introducir ao alumnado no campo da restauración ecolóxica de espazos degradados por incendios forestais, facendo especial énfase nas accións urxentes de mitigación en Galicia.

Destinatarios

Xornada dirixida a técnicos do campo das ciencias ambientais e afíns (enxeñeiros forestais,  agrónomos, biólogos, geólogos, paisajistas, etc), así como a todo aquel público interesado na temática. 

Contidos

9: 30 h- 13:30 h.

  • Introdución á restauración ecolóxica. Almudena Rodríguez
  • A  importancia dos incendios na conservación dos ecosistemas. Almudena Rodríguez
  • Impactos dos incendios nos ecosistemas forestais. O caso galego. Almudena Rodríguez
  • Alternativas de actuación desde a restauración ecolóxica. Almudena Rodríguez
  • Accións de mitigación urxente contra a erosión forestal. Cristina Fernández Filgueira
  • Síntese e conclusións. Retos e oportunidades

Caso práctico. 15 a 18:30 horas: Visita de campo a área forestal queimada con tratamento post-incendio de mulching en Porto do Son.

Prezo: 20 € (inclúe comida e desprazamento)

Imparte:

  • Almudena Rodríguez. Especialista en Restauración Ecolóxica
  • Cristina Fernández Filgueira: Doutora en Bioloxía e Investigadora do Centro de Investigación Forestal Lourizán (Xunta de Galicia)

Inscripción pechada



Comentarios