Cursos e xornadas

Seminario: Grafismo e Representación da Paisaxe

Curso destinado a profundar nas técnicas dixitais de representación gráfica, tanto para a creación e edición como para a composición dos diferentes recursos e imaxes que compoñen un documento destinado a expresar un proxecto paisaxístico

Obxectivos

Módulo 1. Criterios básicos de composición e creación. 

Deseño gráfico para disciplinas técnicas. Introdución ao debuxo en CAD.

O primeiro módulo do seminario está dirixido a aqueles alumnos procedentes de disciplinas técnicas que non utilizan con fluidez as ferramentas dixitais de representación gráfica. Os contidos do mesmo centraranse en facilitar a expresión dos proxectos paisaxísticos para que o alumno poida explicar, de maneira coherente e ordenada, a súa idea de proxecto a través de imaxes, planos, memorias ou paneis.

O módulo componse dunha primeira parte destinada a mostrar os criterios básicos de composición, na que se explicarán os aspectos esenciais para a creación de documentos, tales como o formato, a cor, as fontes de texto, escalas? atendendo especialmente a capacitar ao alumno para elixir e deseñar o contido gráfico con criterio.

A segunda parte ten como obxectivo introducir ao alumno no uso das ferramentas dixitais de creación de imaxes máis comúns, facilitando a comprensión dos distintos programas dispoñibles e as aplicacións reais e funcións de cada un, centrándose especialmente na creación e composición de planos de cad.

Módulo 2. Manexo de ferramentas de deseño e maquetación.

Introdución a: Adobe Ilustrator, Adobe Photoshop, Adobe InDesign.

O obxectivo xeral do segundo módulo é profundar nos programas máis habituais de composición gráfica, e de creación e tratamento de imaxes ou planos, como son os pertencentes ao paquete de Adobe (Photoshop, Illustrator, InDesign). A aproximación a estes programas farase desde un enfoque práctico, tratando de explicar con aplicacións reais as diferentes ferramentas e utilidades que nos ofrece cada un.

En primeiro lugar estudarase o tratamento básico de imaxes con Adobe Photoshop, que permitirá ao alumno editar fotografías ou debuxos de diferentes procedencias para conseguir adecualos en formato, tamaño e cor ás necesidades do proxecto, para pasar finalmente a explicar técnicas básicas de retoque de imaxes e de fotomontaxe. A introdución para Adobe Illustrator permitiranos desenvolvernos con soltura na edición de formatos vectoriais, sendo este o programa adecuado para manexar información procedente de diferentes fontes e con diferentes formatos (imaxes, textos, planos?) para preparar e compoñer o contido de paneis para concursos ou exposicións. Tamén se profundará no uso de Adobe InDesign, ferramenta encamiñada á composición de memorias ou publicacións nas que se intercalen imaxes ou planos entre os textos.

Por último mostraranse os recursos procedentes de Google Earth Prol, susceptibles de aparecer como información do proxecto paisaxístico, tratando de ejemplificar con eles o tratamento necesario para a inclusión nun documento gráfico a través dos programas anteriores.

Programa completo 

Destinatarios

Curso de formación complementaria dirixido a alumnos do Máster en arquitectura da Paisaxe Juana de Vega, no que tamén poderá inscribirse calquera estudante ou profesional interesado en profundar nas técnicas dixitais de representación gráfica, tanto para a creación e edición como para a composición dos diferentes recursos e imaxe que compoñen un documento destinado a expresar un proxecto paisaxístico.

Calendario

Calendario Seminario: Grafismo y Representación del Paisaje

Lugar no que se imparte

Sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros, A Coruña)

Prezo

O seminario completo, que inclúe os dous módulos formativos, ten un prezo de 100 €.  Tamén se ofrece a posibilidade de realizar un único módulo ao prezo de 50 €.

Cartel Seminario

Inscrición

A inscrición deberá realizarse a través do seguinte formulario. Unha vez realizada a a Fundación indicará a conta de pago do curso mediante correo electrónico.

Formulario de inscrición.

Pechado o prazo de inscrición.

 


Comentarios