Cursos e xornadas

International Workshop: João Nunes

Este Workshop que organiza a Escola Galega da Paisaxe na Fundación Juana de Vega, está dirixido a titulados universitarios de grao superior ou medio que desenvolven a súa actividade en proxectos de enxeñaría, arquitectura, urbanismo, medioambiente, ecoloxía, ou paisaxismo, así como a estudantes de ensinos técnicos, con vocación de especializarse dentro do campo da paisaxe.

Profesorado

João Nunes

João Nunes

Socio Fundador e Presidente de PROAP, estudo de Arquitectura da Paisaxe conformada por un amplo equipo multidisciplinar de profesionais cunha recoñecida experiencia no ámbito da paisaxe, na súa acepción máis ampla.

Como Director Internacional é responsable da dirección estratéxica, executiva e táctica do tres oficinas internacionais: Lisboa (Portugal), Luanda (Angola) e Treviso (Italia). Desenvolve o deseño conceptual e creativo de PROAP e define a orientación estratéxica dos procesos de investigación.

Imparte clases no Instituto Superior de Agronomía de Lisboa desde 1991. Actualmente tamén imparte clases no Instituto Universitario de Arquitectura de Venecia, Universidade Politécnica de Milán, Universidade Politécnica de Turín, Facultade de Arquitectura Ludovico Quaroni da Universidade de Roma "La Sapienza", Facultade de Arquitectura de Alghero e na Accademia dei Architettura de Mendrisio.

Isabel Aguirre Urcola

Arquitecta. Directora da Escola Galega da Paisaxe, da Fundación Juana de Vega, desde a súa creación no ano 2008.

Premio Nacional de arquitectura Manuel de la Dehesa, ano 1997.

Membro do comité de Head Master do ECLAS (European Council Landscape Architecture Schools)

Autora de diversos proxectos de deseño e arquitectura da paisaxe, traballos de investigación, conferencias e publicacións.

Pedro Calaza-Martínez

Pedro Calaza-Martínez é profesor universitario na Escola Galega da Paisaxe, no Máster en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega, organizado coas Universidades de Santiago de Compostela e da Coruña. Actualmente é membro do Comité de Expertos e decano do Colexio oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.

Doutor en Enxeñaría na rama agronómica pola Universidade de Santiago de Compostela. O seu campo principal de investigación é a integración da infraestrutura verde no medio urbano, concretamente a relación entre esta estratexia e a saúde, telexestión de rega sustentable, implantación de tellados verdes e avaliación de risco de arborado urbano. Director do Departamento de Enxeñaría e I+D+I de Malvecin, consulting profesional e empresa de construción radicada na Coruña.

Publicou diferentes artigos nacionais e internacionais sobre temas relacionados coa biomecánica, infraestrutura verde, saúde pública e deseño de espazos. Relator en diferentes congresos nacionais e internacionais en Boston (USA), Bogotá (Colombia), Praga (Checoslovaquia), Lisboa (Portugal); Milán (Italia), etc.

Gañador do premio "Juan Julio" da AEPJP polo mellor libro técnico do ano 2013 co traballo: "Avaliación de risco de arborado perigoso: principios, indicadores e métodos". Membro da asociación española de paisaxistas e de parques e xardíns públicos onde é membro da comisión de estudos de xardíns históricos.

Mercedes Máquez

Arquitecta pola ETSA da Coruña (2002), Máster en Xardinaría e Paisaxe pola Universidade Politécnica de Valencia, e doctorando en Arquitectura Paisaxista e Ecoloxía Urbana, dentro do programa LINK das universidades de Porto, Coímbra e Lisboa, teses sobre Deseño de espazo público urbano.

Membro do Grupo de investigación da Escola Galega dá Paisaxe e docente de Taller I e Taller Final de Máster no Máster Juana de Vega en Arquitectura da Paisaxe.

Experiencia profesional como arquitecta, orientada ao deseño do espazo público e da paisaxe.

Programa

 

Dirixido a

Este Workshop que organiza a Escola Galega da Paisaxe na Fundación Juana de Vega, está dirixido a titulados universitarios de grao superior ou medio que desenvolven a súa actividade en proxectos de enxeñaría, arquitectura, urbanismo, medioambiente, ecoloxía, ou paisaxismo, así como a estudantes de ensinos técnicos, con vocación de especializarse dentro do campo da paisaxe.

Matrícula

O importe da matrícula é de 200,00 Euros.
Inclúe: material docente, desprazamento da Fundación ao ámbito de actuación, o coffee break e o xantar.

Preinscrición:

Para formalizar a matrícula, as persoas que estean interesadas deben cubrir o formulario de matrícula, acompañado dun curriculum vitae cunha extensión máxima dun folio. Tanto o formulario como o curriculum deben ser remitidos á Escola Galega da Paisaxe antes do 12 de abril.

Selección de alumnos:

Das solicitudes de matrícula formalizadas, seleccionaranse un máximo de 25 participantes. Para facer a selección valorarase a adecuación do perfil académico e/ou profesional dos solicitantes á actividade a desenvolver no Workshop.

Formalización da matrícula:

Os alumnos seleccionados recibirán unha comunicación por correo electrónico e deberán efectuar o pago da matrícula na conta ES45-0238-8101-270600086361 antes do 17 de abril. Se nesa data non se realizou o pago da matrícula, entenderase que renuncia á súa praza e darase entrada ao seguinte alumno seleccionado da lista de preinscritos.

Videos



Comentarios