Cursos e xornadas

International Workshop: Gilles Clèment

Profesor en el Collège de France ocupa la cátedra Creación Artística. Paisajista famoso, gran teórico del "jardín planetario", es el creador, entre otros, del parque la Villette, del jardín del museo del Quai-Branly, y del parque André-Citroën (en colaboración con el paisajista A. Provost y los arquitectos P. Berger y JP Vigier), en París.

Este Workshop que organiza a Escola Galega da Paisaxe na Fábrica da Luz de Barxacova, Parada de Sil, Ourense, en réxime de convivencia, está dirixido a titulados universitarios de grao superior ou medio que desenvolven a súa actividade en proxectos de arquitectura, xardinaría ou paisajismo, así como a estudantes de últimos cursos de carreiras técnicas, con vocación de especializarse dentro do campo da paisaxe.

Programa

Gilles Clèment

Profesor no Collège de France, ocupa a cátedra Creación Artística. Paisaxista famoso, gran teórico do "xardín planetario", é o creador, entre outros, do parque a Villette, do xardín do museo do Quai-Branly, e do parque André-Citroën (en colaboración co paisaxista A. Provost e os arquitectos P. Berger e JP Vigier), en París.

Desenvolveu novas teorías de paisaxismo baseadas no respecto e entendemento da natureza. Avoga por unha práctica xardineira que traballe máis a favor que en contra da natureza. A xardinería tradicional consiste en conter e controlar á natureza, cortando e tratando o céspede, podando as árbores ou quitando as malas herbas. Estas accións van en contra dos procesos propios da natureza; non existe ningunha planta «mala»: todas teñen unha razón de ser e dereito á existencia.

O xardín e a paisaxe son o resultado dunha combinación entre o xenio humano e o xenio natural. En calquera caso, trátase dun cercado que protexe o «mellor», de certa visión do «paraíso». A idea do que é «mellor» cambia ao longo da Historia, a imaxe do xardín e da paisaxe cambian tamén. A toma de conciencia ecolóxica revoluciona a nosa concepción da natureza. Cal é a idea do mellor hoxe en día?

Museo Quai-Branly

Paisaxe e patrimonio na Ribeira Sacra

O taller esta aberto á comunidade universitaria e en xeral a todos aqueles interesados no rol da paisaxe na contemporaneidade. O obxectivo é analizar as transformacións da paisaxe a partir dunha lectura integrada dos conceptos de patrimonio cultural e natural para propoñer estratexias de intervención e xestión a partir dun traballo multidisciplinar con expertos e profesionais de formación e procedencia diversa, dirixidos polo profesor Gilles Clément.

Encuentro río Mao con el Sil

Luns 9

10:00

Presentacion.

11:15

Conferencia Gilles Clèment

12:30

Visita á zona de actuación

14:00

Comida Picnic

15:00

Visita a Necrópolis de San Vitor

17:00

Visita a Sta Cristina de Ribas de Sil

18:30

Visita ao mirador de Madrid e unha adega da zona

Martes a Xoves

10:00

Traballo por grupos.

14:00

Comida

16:00

Traballo por grupos

20:00

Tempo libre

21:30

Cea

Venres 13

10:00

Conferencia Gilles Clément

11:30

Exposición traballos realizados

13:30

Conclusións

14:00

Comida despedida

 

Foto aérea ámbito de intervención, San Lourenzo de Barxacova, Parada de Sil, Ourense

Na Ribeira Sacra as excepcionais condicións da natureza crearon un medio de extraordinario atractivo e inusual beleza. Os profundos vales que o Sil e o Miño foron labrando na dura rocha granítica sobrecollen pola verticalidade das súas paredes e os grandes desniveis. As vertentes son máis agrestes e rochosas no val do Sil, e presentan unha maior suavidade e un maior aproveitamento humano no caso do Miño.

A particular incrustación destes vales fluviais favorece a existencia dun clima máis suave que o típico da Galicia interior. A Ribeira Sacra benefíciase por tanto dunha menor humidade e coñece veráns secos e moi asollados, algo propio dun clima con claros matices mediterráneos. Tendo en conta o xogo de desniveis e os contrastes climáticos entre os fondos dos vales, as ladeiras e as chairas, a vexetación natural presenta unha gran riqueza e moitos contrastes.

Na Ribeira Sacra atopamos importantes bosques de especies atlánticas como bidueiros, alisos ou carballos, que antigamente cubrían a totalidade de Galicia. Pero tamén son frecuentes os deliciosos soutos de castiñeiros, unha árbore traída polos romanos, que chegaron para explotar o ouro do Noroeste da Península e que empregaban a castaña como alimento básico das lexións. O matiz mediterráneo explica a existencia nos espazos máis recollidos de oliveiras, alcornoques, endrinos ou madroños, que contribúen a crear un rico e diverso patrimonio bioxeográfico.

Santa Cristina de Ribas de Sil

Todas estas condicións configuran paisaxes únicas, que propician a comunión do ser humano coa natureza. Así o entenderon os ermitáns que desde o principio da cristiandade habitaron as ribeiras do Sil e do Miño, vivindo en covas localizadas en puntos de singular beleza e fundíndose cos elementos naturais.

A partir do século VII comeza un proceso de colonización monástica de todo este espazo, grazas ás reformas  monacais impulsadas por San Fructuoso, o rearmamento do cristianismo fronte á expansión do Islam e o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago de Compostela.

Así, en pleno século IX, prodúcese unha reafirmación dos mosteiros benedictinos, que consolidan o seu poder espiritual pero tamén económico dentro dun sistema feudal. A partir deste momento e ao longo de toda a Idade Media (coa reforma do Císter), os mosteiros da Ribeira Sacra irradiaron espiritualidade, cultura e poder ao resto de Galicia. Os mosteiros de Santo Estevo e Santa Cristina de Ribas de Sil, San Pedro de Rocas, Xunqueira de Espadañedo, Montederramo ou Ferreira de Pantón, que chegaron ata hoxe practicamente intactos, son vivos exemplos do esplendor dunha época e testemuño dunha viva relación entre a espiritualidade humana e un medio natural único.

En conxunto estamos diante duns dos espazos de maior densidade de patrimonio artístico da Península e tamén de Europa, dentro dun medio natural excepcional.

Workshop - Fábrica da luz. Rio Mao

O edificio onde se realizará o Workshop, unha antiga central eléctrica, foi construído para o segundo aproveitamento das augas  do Río Mao. Atópase moi próximo ao encontro entre o río Mao e o encoro de Santo Estevo no río Sil, no concello de Parada de Sil, Ourense, a unha distancia aproximada do núcleo do Concello de 8 km.

Consta dun espazo principal de grandes dimensións que ocupaban antigamente as turbinas da central eléctrica, e dous corpos anexos, nun deles sitúase o espazo de dormitorios, e noutro, unha torre, a cantina e salas de traballo ou descanso.

Dirixido a

Este Workshop que organiza a Escola Galega da Paisaxe na Fábrica da Luz de Barxacova, Parada de Sil, Ourense, en réxime de convivencia, está dirixido a titulados universitarios de grao superior ou medio que desenvolven a súa actividade en proxectos de arquitectura, xardinería ou paisaxismo, así como a estudantes de últimos cursos de carreiras técnicas, con vocación de especializarse dentro do campo da paisaxe.

Matrícula

O importe da matrícula neste taller é de 200,00 € que inclúe o aloxamento en réxime de pensión completa na Fábrica da Luz, o material docente e o desprazamento desde Santiago de Compostela, en función das necesidades manifestadas polos alumnos.

Preinscrición:

Para formalizar a matrícula, as persoas que estean interesadas deben cubrir o formulario de matrícula, acompañado dun curriculum vitae cunha extensión máxima dun folio. Tanto o formulario como o curriculum deben ser remitidos á Escola Galega dá Paisaxe antes do 9 de xullo.

Selección de alumnos:

Das solicitudes de matrícula formalizadas, seleccionaranse un máximo de 24 participantes. Para facer a selección valorarase a adecuación do perfil académico e/ou profesional dos solicitantes á actividade para desenvolver no Workshop.

Formalización da matrícula:

Os alumnos seleccionados recibirán unha comunicación por correo electrónico e deberán efectuar o pago da matrícula na conta 0072-0101-94-0000125935 antes do 22 de xullo. Se nesa data non se realizou o pago da matrícula, entenderase que renuncia á súa praza e darase entrada ao seguinte alumno seleccionado da lista de preinscritos.

Aloxamento

O aloxamento incluído no custo de matrícula, será en réxime de pensión completa na Fábrica da Luz e comprende desde a noite do 8 de setembro ata o venres 13 de setembro ao mediodía.

http://afabricadaluz.com/

Videos Workshop



Novas relacionadas

O prestixioso enxeñeiro agrícola Gilles Clément dirixirá un curso na zona da Ribeira Sacra organizado pola Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega.

O enxeñeiro francés Gilles Clément, un dos maiores expertos mundiais en arquitectura paisaxística, impartirá entre o 8 e o 13 de setembro un taller formativo sobre o patrimonio da Ribeira Sacra q...


Comentarios