Cursos e xornadas

Curso: Restauración ecolóxica de ecosistemas degradados por actividades extractivas

A innovación nos proxectos de restauración ecolóxica en espazos mineiros preséntase como unha oportunidade para poñer en valor espazos destruidos.  

Descrición

No 2004 a Society for Ecological Restoration definiu a Restauración Ecolóxica do seguinte xeito: “ciencia que asiste á recuperación dos ecosistemas danados, degradados ou destruídos”. A explotación de recursos mineirais implica a destrución dos ecosistemas precedentes polo que a súa reconstrución nunca será un obxectivo real. Fronte ás técnicas convencionais de restauración, de forte carácter agronómico, a restauración ecolóxico incorpora unha visión holística que permite a recuperación dos procesos naturais bloqueados cara un novo ecosistema autosuficiente. A innovación nos proxectos de restauración ecolóxica en espazos mineiros preséntase como unha oportunidade pouco desenvolvida que permite poñer en valor espazos que foron destruidos por esas actividades. O uso das intervencións artísticas será unha das ferramentas presentadas no curso para este fin.

Cartel curso

Obxectivo do curso

Introducir ao alumnado no eido da restauración ecolóxica de espazos degradados poractividades extractivas, facendo especial énfase no caso de Galicia.

Destinatarios

Curso dirixido a técnicos do eido das ciencias medioambientais e afíns (enxeñeiros agrónomos , forestais e de minas, biólogos, xeólogos, paisaxistas, etc), así como a todo aquel público interesado na temática. Especialmente orientado para os alumnos que xa cursaron o curso de iniciación.

Competencias adquiridas

Ampliar a visión na interpretación e na procura de solucións técnicas na restauración de ecosistemas degradados como os espazos mineiros.

Contidos

Bloque 1. O sector mineiro no contexto medioambiental

  • Principais actividades extractivas
  • Principais impactos
  • Lexislación ambiental

Bloque 2. Restauración de espazos mineiros

  • Posibilidades de restauración de espazos mineiros
  • Técnicas convencionais. Exemplos
  • Técnicas dende a restauración ecolóxica. Exemplos

Bloque 3. As intervencións artísticas como ferramenta para a restauración ecolóxica en espazos mineiros degradados. Exemplos.

Bloque 4. Síntese e conclusións. Retos e oportunidades dos espazos mineiros restaurados

Caso práctico. Visita guiada ao proxecto de restauración da mina de Meirama (Cerceda, A Coruña).

Horario

Martes 31 de xaneiro de 2017
11:00 a 14:00 h: Bloques 1, 2, 3 e 4.
15:00 a 18:00 h: Bloque práctico. Visita a Meirama (Cerceda, A Coruña)

Lugar no que se imparte: sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros)

Prezo: 20 € (inclúe comida e desprazamento)

Imparte: Almudena Rodríguez. Especialista en Restauración Ecológica

Pechada a inscripción


Comentarios