Cursos e xornadas

Curso: Introdución á restauración ecolóxica de espazos degradados

A Restauración Ecolóxica é definida pola Society for Ecological Restoration (2004) como a ciencia que asiste á recuperación de ecosistemas que foron danados, degradados ou destruídos. Ao mesmo tempo, a Restauración Ecolóxica tamén se pode definir como aquela tecnoloxía deseñada ad hoc para a restauración do capital natural. Para iso, sempre se necesitarán equipos de traballo de carácter multidisciplinar onde se garanta a sustentabilidade económica, social e ambiental das intervencións no medio.

Obxectivos do curso

Introducir ao alumnado no eido da restauración ecolóxica incidindo nos aspectos teóricos e na súa aplicación sobre casos prácticos reais. Farase especial énfase nos principais ecosistemas galegos.

Destinatarios

Curso especialmente dirixido a técnicos do eido das ciencias medioambientais e afíns (arquitectos da paisaxe, enxeñeiros agrónomos e forestais, biólogos, arquitectos, xeólogos, etc)

Competencias adquiridas

Ampliar a visión na interpretación e diagnóstico dos problemas ambientais, así como no deseño de técnicas para a súa mitigación ou restauración.

Contidos

MÓDULO 1. Fundamentos teóricos da restauración ecolóxica

  • O capital natural. Ecosistemas e servizos ecosistémicos
  • Resiliencia dos ecosistemas. A memoria ecolóxica
  • Procesos ecolóxicos clave
  • A estratexia da mínima intervención
  • Técnicas de restauración - xeomorfolóxica- edáfica- xeomorfolóxica- da cuberta vexetal- hidrolóxica

MÓDULO 2. Exposición de casos prácticos

  • Restauración ecolóxica de ecosistemas acuáticos
  • Restauración ecolóxica de ecosistemas terrestres
  • Restauración ecolóxica de espazos degradados por movementos de terra (minería e construción de infraestruturas)
  • Restauración ecolóxica das cidades

MÓDULO 3. As intervencións artísticas como ferramenta para a restauración ecolóxica

  • Land art. Introdución
  • Land art / restauración. Exposición e debate de casos prácticos

MÓDULO PRÁCTICO: visita a campo dunha experiencia de restauración

"Xardin literario". Cidade da Cultura, Monte Gaiás (Santiago de Compostela)

Análise en terreo da obra de restauración desenvolvida polo Grupo de Investigación da Escola Galega da Paisaxe pertencente á Fundación Juana de Vega.

Cronograma

Mércores 22 de xuño 2016

  • Bloque teórico: sesións de 45 min con descansos de 15 min.
  • Comida na sede da Fundación incluída na matrícula
  • Bloque práctico: visita a Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) de 1 h, máis desprazamento en bus.

Lugar no que se imparte: sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros)

Prezo: 20 € (inclúe comida e desprazamento)

Inscrición: Unha vez realizada a preinscrición a Fundación indicará a conta de pago do curso mediante correo electrónico.

Formulario preinscrición

Formulario pechado.

Imparte: Almudena Rodríguez. Especialista en Restauración Ecolóxica


Comentarios