Cursos e xornadas

Proxecto: Encamiñando

Encamiñando proponse nesta primeira edición, para profesionais do ámbito público xa involucrados dalgunha maneira na xestión dos camiños e que precisan de novas ferramentas e coñecementos, dadas as complexidades da súa xestión, e as novas normativas e políticas públicas, que afectan a xestión dos camiños.

Seminario Grafismo e Representación da Paisaxe 2017

Curso intensivo destinado a profundar nas técnicas dixitais de representación gráfica, tanto para a creación e edición como para a composición dos diferentes recursos de imaxe destinado a expresar un proxecto de arquitectura da paisaxe.

Seminario: As paisaxes culturais da montaña galega

A Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, coa colaboración do Grupo de Investigación de Análise Territorial (ANTE-IDEGA-USC), organiza do 6 ao 8 de outubro un seminario de debate e intercambio acerca da cultura propia das paisaxes de montaña. Aínda que a reflexión práctica se centrará na parte alta do val do río Xares (parroquias de Ponte e Vilanova, concello da Veiga), contará cunha variada participación de especialistas na materia de contextos territoriais semellantes que facilitarán e enriquecerán a discusión local. 

Xornada “Restauración Ecolóxica de Espazos Degrados por Lumes Forestais”

Data: Martes 20 de xuño de 2017

Lugar de celebración: Fundación Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)