Comité de expertos

A Escola Galega da Paisaxe contará con un Comité de Expertos, que terá como funcións, entre outras, as seguintes:

  • Debater e analizar as diversas problemáticas que presenta a paisaxe en Galicia co obxecto de propoñer as liñas de actuación e os distintos programas a desenvolver.
  • Propoñer unha toma de posición da Escola en temas de interese público relacionados ca paisaxe e a súa incidencia no ámbito social, cultural e de desenvolvemento do territorio.
  • Orientar sobre o desenvolvemento de liñas de traballo e informar de experiencias que se estean desenvolvendo no ámbito estatal, noutras Comunidades Autónomas ou noutros países.
  • Promover e fomentar a colaboración con outras institucións para o desenvolvemento conxunto de actividades.

 

O Comité de Expertos renovarase cada cinco anos e estará formado por un máximo de 15 membros de diferentes ámbitos profesionais. Nesta primeira etapa formarán parte do Comité as seguintes persoas:

Isabel Aguirre de Urcola

Arquitecta, Directora da Escola Galega da Paisaxe. Premio Nacional de Arquitectura Manuel de la Dehesa y Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico.

José Antonio Aldrey:

Doutor en Xeografía, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e experto en Sistemas de Información Xeográfica.

Luís Andrés Orive:

Enxeñeiro de Montes pola Universidade Politécnica de Madrid. Xefe do Área de Estudios e Investigación do CEA de Victoria.

Teresa Andresen:

Catedrática de Arquitectura da Paisaxe da Universidade de Porto. Ex – Presidenta da Fundación Europea de Arquitectura da Paisaxe.

Pedro Calaza Martínez:

Doutor Enxeñeiro Agrónomo e Doutor en Arquitectura da Paisaxe. Decano do Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia. Secretario do Consello Galego de Enxeñerías. Premio Nacional Juan Xullo 2013.

José Fariña Tojo:

Doutor Arquitecto, Licenciado en Dereito e Catedrático da Escola Politécnica de Madrid.

Arturo Franco Taboada:

Doutor arquitecto e profesor da Universidade da Coruña.

María Cristina da Fonseca Ataíde Castel-Branco:

Doutora en Historia da Arte, arquitecta paisajista e profesora da Universidade Técnica de Lisboa.

Augusto Pérez Alberti:

Catedrático de Xeografía física da Universidade de Santiago de Compostela.

Andrés Precedo Ledo:

Profesor Mercantil, Licenciado en Filosofía e Letras, Doutor en Historia e Catedrático de Xeografía Humana da Universidade de Santiago de Compostela.

María Luisa Sobrino Manzanares:

Catedrática de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela.

Ramón Villares Paz:

Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e Presidente do Consello da Cultura Galega.