Outras

I Simposio internacional sobre o Liberalismo

Celebrado do 29 de Novembro ao 2 de Decembro de 2006 co título "O liberalismo" nos seus contextos. Un estado de cuestión", que se desenvolveu entre Santiago de Compostela e A Coruña, e no que nas doce conferencias programadas, participaron destacados especialistas nacionais e internacionais.

Bolsa Postdoctoral

Bolsa Postdoutoral; para a publicación dos resultados dunha tese de doctoramento de D. Daniel Lanero Táboas, dotada con 7.000,00 euros.

A Revolución Verde en perspectiva comparada na Península Ibérica

Seminario "A Revolución Verde en perspectiva comparada na Península Ibérica", dirixido por D. Daniel Lanero Táboas e organizado polo Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago en colaboración coa Universidade Nova de Lisboa. O seminario celebrouse no Centro de Estudos Avanzados, os días 23 e 24 de febreiro de 2007.

Bolsa de iniciación á investigación

Bolsa de iniciación á investigación. Financiamento de 11.000 € dunha bolsa pre-doutoral de formación concedida a Dª. Eva Sanjurjo Badía para a realización de estudos sobre "o uso sostible a longo prazo dos recursos agrarios, nunha zona da costa nos séculos XVIII- XIX,".