Cátedra Juana de Vega

Socioloxía do leite. A cara oculta do leite galego

Neste faladoiro analizarase a evolución das formas de organización dos leiteros galegos, a súa relación coa sociedade, cos poderes e coa política, desde unha ollada local e en perspectiva comparada con outras latitudes.

Os faladoiros da Cátedra Juana de Vega son espazos de discusión e debate abertos arredor dun tema ou un problema importante do presente e do pasado que queremos analizar en toda a súa dimensión e con toda libertade pero con todo o rigor, enlazando o coñecemento e a perspectiva universitaria co coñecemento e a perspectiva profesional e dos sectores implicados. Concíbese pois como unha ponte e un punto de encontro.

O 3 de marzo de 2016 terá lugar na Fundación un novo faladoiro sobre a Socioloxía do leite; para falar das persoas e dos actores que o producen: do asociacionismo e dos modelos e formas de asociación; de como se organizan os leiteiros, desde a familia e a parroquia até o ámbito galego, estatal e europeo.

Como se agrupan? como se relacionan co poder e cos poderes, coa política? cos medios de comunicación? Como se relacionan co resto da sociedade? como se dirixen ou se comunican con ela? como protestan e reclaman? Como entenden a súa responsabilidade social (ou corporativa)?

Os obxectivos deste faladoiro son:

  1. Discutir as formas de organización e asociación do sector leiteiro galego en comparación con outros países europeos.
  2. Analizar as mudanzas producidas nas últimas décadas e en que medida afectaron á evolución social, política e económica do sector. Tamén o que non mudou.
  3. Debater sobre as novas formas de representación e organización que están a aparecer e as razóns da mudanza.
  4. Entre a herdanza e o cambio, de que leiteiros falamos: labregos, gandeiros, empresarios?
  5. Oportunidades do sector leiteiro en Galicia como actor social e político, ademais de como actor económico.
  6. Que lle piden os leiteiros á sociedade galega e que lle pide a sociedade aos leiteiros?

Relatores

  • Cesar Rech: Asociacións e organización no leite. O modelo irlandés e o noso.
  • Carin Martin: A evolución da agricultura e o leite en Suecia no século XX. Os modelos de organización e asociación.
  • Xoan Carlos Carreira: A mudanza das formas de organización e asociación no sector leiteiro desde 1975 até hoxe.

O Seminario realizaráse en formato de debate a porta pechada, con 20/25 asistentes convidados. Toda a sesión será emitida por streaming en juanadevega.org

CC Fotografía: Marcos Loopez 


Descargas


Comentarios