Cátedra Juana de Vega

Muller e ciencia: fendas, teitos e retos

O 1 de febreiro de 2019 terá lugar un novo faladoiro da Cátedra Juana de Vega para analizar as fendas, teitos e retos que afrontan cada día as mulleres que traballan no eido científico.

Os Faladoiros da Cátedra Juana de Vega son un espazo aberto para a discusión de cuestións relevantes do noso presente que desexamos analizar en todas as súas dimensións, con absoluta liberdade pero tamén co máximo rigor.

Este faladoiro ten por obxectivo  1) Reflexionar sobre os cambios necesarios para a incorporación real da perspectiva de xénero na ciencia, 2) Coñecer a situación actual das mulleres no Sistema de Ciencia e Tecnoloxía, barreiras e estereotipos  que aínda permanecen e 3) Avanzar en propostas de acción para a igualdade.

Contamos para este obxectivo con achegas de persoas expertas, persoas con responsabilidades institucionais neste ámbito e, todas elas, todas nós con experiencias persoais diversas que enriquecerán  o debate.

Coordinadora: Xulia Guntín Araujo. Dpto de Economía Cuantitativa, Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Programa

09.30 - 10.00 h: Apertura: Presentación do seminario pola coordinadora

10.00 - 11.15 h: Relatorio 1 e debate: Perspectiva de xénero na ciencia: ciencia feminina? , Eulalia Pérez Sedeño, Filósofa e Profesora de Investigación CSIC (Madrid).

11.15 -11.45h: Pausa

11.45 - 13.00 h: Relatorio 2 e debate: Desigualdade de xénero no sistema de ciencia e tecnoloxía galego e español, Coral del Rio. Catedrática de Economía, Departamento de Economía Aplicada, Universidade de Vigo.

13.00 -14.00 h: Xantar

14.00 -15.15 h: Relatorio 3 e debate: A construción da igualdade de xénero desde a perspectiva masculina,  Jorge García Marín, Profesor de Socioloxía, Departamento de Ciencia Política e Socioloxía , Universidade de Santiago.

15.15 -16.00 h: Debate xeral e conclusións.

 

*No seminario participarán 20 asistentes convidados especialmente para a ocasión. Toda a sesión será emitida por streaming en www.juanadevega.org

Video en directo



Novas relacionadas

O Faladoiro sobre muller e ciencia da Fundación Juana de Vega propón cambios educativos e simbólicos para mellorar na igualdade

Jorge García Marín, do departamento de Ciencia Política e Socioloxía da USC, falou da nova masculinidade e da necesidade de desempoderarse para cambiar a sociedade Xulia Guntín Araujo, do depart...


Comentarios