Cátedra Juana de Vega

Desigualdade

A crise actual puxo en evidencia o drama da desigualdade, sobre todo porque se fixo máis visible nos países ricos. 

17 de Xullo de 2015

A crise actual puxo en evidencia o drama da desigualdade, sobre todo porque se fixo máis visible nos países ricos. Deste xeito, a vella cuestión social, debatida en repetidas ocasións desde o século XIX, está a adquirir unha gran relevancia no ámbito científico, social e político. Boa proba disto son os inxentes traballos académicos publicados sobre esta temática nos últimos anos e a súa presenza habitual en titulares de prensa e debates. Hoxe en día a "nova cuestión social" xira nos países máis ricos ao redor de tres cuestións chave: a era do "precariado" no mercado de traballo; a crise do estado de benestar; e a posta en marcha de reformas fiscais máis regresivas.

As teorías económicas dispoñibles e as interpretacións dominantes resultan insuficientes para entender o fenómeno e dar respostas satisfactorias para o inicio dun cambio. Estamos nun punto de inflexión histórico no que precisamos algo máis. Esta necesidade xustifica por encima doutras cuestións a celebración deste Faladoiro sobre a desigualdade.

Coordinadora: Margarita Vilar Rodríguez

Relatores:

  • Pablo Baramendi
  • Carles Manera
  • Carlos Gradín

Descargas


Comentarios