Cátedra Juana de Vega

Dende 2005 a Fundación Juana de Vega participa na Cátedra Juana de Vega - xunto coa Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela- para promover o coñecemento da vida e obra de Dª. Juana de Vega así como o seu contexto histórico.

O 22 de decembro do ano 2005 asinouse coa Universidade de Santiago de Compostela un acordo para a creación da Cátedra Juana de Vega no seo do Departamento de Historia Contemporánea e de América da Facultade de Xeografía e Historia da devandita Universidade.

O obxectivo desta Cátedra é promover o debate, a reflexión, a investigación e o desenvolvemento de actividades que conduzan á realización de estudos e proxectos de investigación, así como a formación e divulgación de traballos relacionados coas seguintes materias:

  • A presenza do pensamento ilustrado e liberal na Galicia contemporánea, atendendo á achega das mulleres e especificamente á vida e a obra de Dª. Juana de Vega.
  • As iniciativas e os procesos modernizadores do campo galego dende o século XIX.

Dirección

Desde o inicio da Cátedra no ano 2005, a dirección estivo a cargo de:

  • José Ramón Barreiro Fernández (2005- 2012)
  • Justo Beramendi González (2012-2014)
  • Lourenzo Fernández Prieto. (2014- Actualidade)